miércoles, 3 de junio de 2020

Dimensión moral da ciencia e da tecnoloxía.

A forma de saber máis exitosa dos últimos séculos é a ciencia. Os seres humanos depositaron moitas esperanzas de progreso no seu desenvolvemento.

A tecnoloxía produciu un cambio na consideración da dirección histórica, facendo que as persoas pensasen que o futuro podería ser mellor que o pasado.


1.O progreso cientifico.
1.1.A <<fe>> na ciencia.
Na nosa sociedade confiamos cegamente na ciencia e na tecnoloxía. Facémolo do mesmo xeito que na Antigüidade crían nos mitos ou na relixión.

Esperamos que a ciencia proporcione respostas a todas as nosas dúbidas e que a tecnoloxía resolva todos os problemas. Baseamos nelas a nosa medicina e confiamos en que nos axuden a organizar o noso traballo e mesmo as relacións humanas. Temos fe nelas e, cando algo leva o selo de <<científico>>, interpretamos que é absolutamente verdadeiro.

Desde logo, isto non foi sempre así.