miércoles, 1 de abril de 2020

Valores éticos e valores cívicos

1. Os valores éticos.
Os valores éticos son os máis importantes na vida, porque guían as nosas relacións, directas e indirectas, coas demais persoas, orientan as nosas acción e impúlsannos a ser humanamente mellores, axudándonos a elixir como queremos ser e que debemos facer.

Son valores que están presentes en todas as ordes da vida privada e pública, individual e social, e neles baséanse as normas que regulan a nosa convivencia, sen as que non poderiamos vivir.

Os calores éticos reciben tamén o nome de valores sociais cando son valores que una determinada comunidade considera importantes para o seu funcionamento harmónico e para a felicidade de todos os seus membros; por exemplo, a cortesía, a confianza, a alegría ou a amizade.

A partir da Idade Moderna, no s. XVII, na que se produce unha progresiva división e separación entre o individuo e a sociedade, tamén se establece unha diferenza entre os valores, ideais e intereses da sociedade e os do individuo.

Nesa diferenciación podemos atopar a orixe da distinción actual entre valores éticos e valores cívicos. Os valores éticos serían as normas que dirixen o comportamento do individuo na súa relación directa coas persoas e os valores cívicos serían aqueles que se le piden como membro dunha sociedade civil, democrática.


2. Os valores cívicos.
Os valores cívicos pódense considerar como unha extensión dos valores éticos á nosa vida actual nun Estado democrático.

Na época clásica de Grecia e de Roma non existía unha diferenza entre valores éticos e valores cívicos. Por exemplo, para Aristóteles, as virtudes éticas ou morais pertencen á actividade na vida pública, pois a participación nos asuntos políticos, da polis, era o que facía que o individuo fose considerado un cidadán.

A prudencia, a xustiza, a temperanza e a fortaleza eran virtudes éticas, pois adquirían o seu valor en relación coa sociedade; é decir, baseábanse nos valores cívicos.

Na actualidade adóitanse entender por valores cívicos aquelas actitudes, ideais e crenzas que promoven unha participación democrática activa e o compromiso coa convivencia dos cidadáns.

Son exemplos de valores cívicos, entre otros: o cumprimento das leis; o coidado e o respecto polo público; as posturas activas en favor da igualdade, en xeral, e de xénero, en particular; o diálogo e o pacifismo como método de resolución de conflitos; a participación cidadá e a tolerancia; a responsabilidade social na nosa actividade profesional e persoal; a solidariedade efectiva cumprindo as nosas obrigas fiscais.

Todos estes valores recóllense na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e nas constitucións democráticas.


3. A sociedade civil.
Nun Estado moderno coexisten dous tipos de realidades sociais:

A) As institucións que son a expresión do poder político, como o Goberno, o Parlamento, os gobernos rexionais, os concellos, os xulgados, o Exército…

B) As institucións creadas polos cidadáns no exercicio da súa liberdade de asociación: partidos políticos, asociación de vecinos, sindicatos, ONG, comunidades relixiosas, clubs deportivos...

Estas institucións son independentes, xeralmente non teñen carácter lucrativo e fórmase polo interese de cidadáns de realizar uns obxectivos, intereses ou ideas no ámbito público. Isto é o que chamamos sociedade civil.


Exercicio.
Explica a relación e a diferenza entre os valores éticos e os valores cívicos.

miércoles, 25 de marzo de 2020

Sociedade, liberdade e valores





















Isto é unha recreación do que pasou na cidade de Hiroshima, na Segunda Guerra Mundia. 166.000 persoas morreron. 
Tamén na cidade de Nagasaki caeu una bomba nuclear onde morreron 80.000 persoas.

Ti que farías? Tamén tirarías bombas atómicas sobre a poboación? 

Si agora che dixera que os altos mandos de Estados Unidos calcularon que si invadían Xapón, terían entre 400 e 800 mil mortos e as baixas xaponesas entre 5 e 10 millóns (xa que a poboación estaba sendo entrenada para defender xapón dos inimigos).

Que farías agora que sabes canta xente pode morrer se os americanos invaden xapón? Botarías as bombas nuclearos ou non? Que é mellor 246.000 civis mortos ou entre 5 e 11 millóns de mortos?
Isto é un gran dilema moral. 





























lunes, 23 de marzo de 2020


Boas tardes a todos!!
Espero que todos esteades ben!!
Querovos recordar que o día 27 remata a posibilidade de subir nota.
Un saúdo.