miércoles, 27 de mayo de 2020

3.Problemas ambientais.

3.Problemas ambientais.
Como o resto dos seres vivos, os seres humanos forman parte da natureza e están sometidos ás súas leis, pero a diferenza do resto de seres vivos, o ser humano mantén unha relación especial coa natureza, de dominio e de obediencia ao mesmo tempo.

É certo que o noso corpo non está preparado naturalmente para correr a cen quilómetros por hora nin temos ás para voar, e tampouco sabemos provocar a chuvia cando necesitamos aiga; non obstante, inventamos avións para poder voar, coches cos que viaxar velozmente e construímos encoros para dispoñer de reservas de auga e para xerar electricidade. É dicir, aquili que nos falta por natureza suplímolo por medio do noso progreso tecnolóxico.



O devandito progreso dundaméntase na modificación das condicións do medio natural. Pero esa modificación, en ocasións, leva consigo riscos para o ambiente e para a vida do ser humano. Entre eses riscos, podemos citar os seguintes.

3.1.O cambio climático.
A Terra estivo sempre en permanente cambio climático: glaciacións e cataclismos son fenómenos naturais que o demostran. Pero na actualidadde, a actividade industrial do ser humano parece que está a acelerar ese cambio natural, ademais de contaminando o aire, a auga e o solo.

Grandes cantidades de gases contaminantes lánzanse á atmosfera e algúns deles poden provocar a diminución da capa de ozono, a cal nos protexe da radiación solar e mantén estable a temperatura na Terra dentro das marxes necesarias para a vida.

Cando a temperatura terrestre aumenta, a auga almacenada nos polos en forma de xeo fúndese e sobe o nivel do mar, co que desaparecen costas e ecosistemas, e diminúen as reservas de auga potable; ademais, determinadas zonas do planeta acaban converténdose en deseros.
Este é o resultado do <<efecto invernadoiro>>, unha modificación acelerada pola contaminación.



3.2.Destrución da biodiversidade.
Se as condicións da Terra cambian, a vida que hai nela tamén se ve afectada. A mala xestión da actividade industrial e económica do ser humano está alterando o equilibrio natural en moitas zonas do noso planeta coa perda dos bosques e a contaminación das augas e dos solos, moitas especies desaparecen e outras ven perigar a súa fonte de alimentación, polo que tamén acabarán extinguíndose.


3.3.Esgotamento dos recursos naturais.
Os sitemas de calefacción alimentados por gas e por petróleo protéxennos do frío e eses mesmos combustibles fósiles propulsan os nosos medios de transporte, pero estamos consumindo a gran velocidade os devanditos recursos naturais e dentro de poucas décadas esgotaranse as súas reservas. Ademais, eses comustibles emiten moitos gases contaminantes á atmosfera.

Construímos centrais nucleares para xerar electricidae de fontes máis abundantes, pero os seus residuos son radioactivos e, polo tanto, perigosos.


4.A ética ecolóxica.
4.1.Necesidade dunha ética ecolóxica.
Ante a magnitude e a gravidadde dos problemas derivados do progreso incontrolado, á humanidade úrxelle tomar medidas para atallalos, reducindo así o risco de que se produza unha grave crise ecolóxica.

Para acometer a devandita tarefa, non abondan só medidas económicas e políticas eficaces, senón que tamén é necesario poñer en marcha unha conciencia ecolóxica á que se sumen cidadáns, institucións, gobernos e empresas, que debe consistir en valorar positivamente o respecto ao ambiente e vincular a idea de progreso ao benestar da humanidade presente e futura.

A formación desa conciencia ecolóxica corre a cargo dunha parte especializada da ética, de recente aparición, chamada <<ética ecolóxica>>, cuxa finalidade consiste na elaboración dunha serie de principios que regulen a convivencia do ser humano co seu contorno ecolóxico; é dicir, conseguir a harmonía entre o progreso social e tecnolóxico do ser humano e a natureza.


4.3.O desenvolvemento sostible.
O desenvolvemento sostible é un modelo de crecemento económico e social que trata de equilibrar o consumo dos recursos naturais e o nivel de contaminación ambiental para garantir o benestar da poboación.

Este modelo de crecemento impulsa o uso de tecnoloxías que se abastezan de enerxías limpas, a creación de empresas que utilicen ecoloxicamente os recursos naturais na súa produción e, en xeral, o respecto ao ambiente racionalizando o uso dos recursos enerxéticos.


-Como resolverías a contaminación?

No hay comentarios:

Publicar un comentario