miércoles, 20 de mayo de 2020

Ciencia, técnica e sociedade.

O ser humano defínese como ser racional e técnico. Mediante a técnica, adapta o medio ás súas propias necesidades.
O progreso fundaméntase no dominio técnico da natureza. Aínda que o seu obxectivo é aumentar o benestar das persoas, aínda non alcanzu a toda a humanidade: existen países avanzados e os chamados <<subdesenvolvidos>>.
O avance industrial e tecnolóxico xerou problemas ambientais, como a destrución da biodiversidade, o esgotamento dos recursos naturais e a súa influencia no cambio climático.

1.Facer e saber.
Observa as condutas dalgúns animais como, por exemplo, os paxaros ou os lobos. Deseguida te decatarás de que os paxaros son capaces de construír habilmente os seus niños. Os lobos, pola súa banda, demostran unha excelente técnica de caza en grupo.

Os animais saben o que teñen que facer para vivir adaptándose ao medio. Para logralo, dispoñen de xeito innato dunha habilidade moi eficaz que se pode denominar <<técnica>>

O ser humano, en tanto que animal, tamén ten esa capacidade, pero non lle vén dada de xeito innato, senón que debe aprendela da sociedade e das súas propias experiencias.

Mentres que o animal se adapta ás condicións que lle impón o medio, o ser humano, pola contra, adapta o medio ás súas propias necesidades. Isto débese, en primeiro lugar, a que o noso corpo non está deseñado de xeito natural para unha rarefa específica e, ademais, a que as nosas accións técnicas se desenvolven nun medio social, non estritamente natural. De aí que o progreso da técnica humana dependa da aprendizaxe social, do que uns lles ensinan a outros.

Como proba de que a técnica humana está baseada no coñecemento cooperativo, pódese sinalar, por exemplo, que ningún individuo dispón do coñecemento nin da habilidade suficiente para fabricar un coche.

As accións técnicas humanas non só serven para resolver problemas derivados de necesidade naturais, como, por exemplo, cazar para conseguir alimento, senón que tamén están encamiñadas a satisfacer necesidade artificiais. Por exemplo, inventamos e perfeccionamos continuamente o televisor, que non é necesario para vivir.

É dicir, se a técnica animal resolve necesidades primarias, a técnica humana satisfai problemas superfluos. O filósofo José Ortega y Gasset dicía que a técnica (humana) é a produción do superfluo.

A técnia humana xorde da capacidade racional do ser humano. Este é homo faber (o ser humano que fabrica, ser humano técnico) porque é homo sapiens (o ser humano que sabe ou pensa).


2.Natureza e progreso.
2.1.O dominio da natureza.
Antigamente os indios facían as súas cabanas con peles de animais, doadamente desmontables e transportables: en cambio, as casas do <<home branco>> eran de madeira e estaban destinadas a un lugar fixo. Uns e outros desprazábanse en cabalos.

O indio vivía adaptado á natureza, levaba un réxime de vida nómade e só cazaba o que necesitaba para comer, en cambio, o <<home branco>>, chegado de Europa, era sedentario, criaba gando, levantaba poboados na metade da pradería aos que facía chegar o ferrocarril e tendía cables telegráficos entre cidades para comunicarse a distancia.

Na actualidade, as nosas casas substituíron a madeira por outros materiais.

Estes cambios evidencian a existencia dun progreso social impulsado polo desenvolvemento tecnocientífico, capaz de transformar a forma de vida e o modo de produción da sociedade. Tamén mostran que ese progreso se fai posible mediante o domiio da natureza, aínda que esa conquista da natureza ten o seu custo.


2.2.O progreso.
Progreso significa avance, desenvolvemento e crecemento en sentido positivo. Relacionado co campo da actividade técnica, o progreso refírese aos avances logrados na sociedade pola acción das tecnoloxías e da ciencia. O obxectivo deste progreso é aumentar o benestar das persoas.

Pero, en ocasións, este ideario é traizoado por poderes políticos e económicos que utilizan o progreso para controlar os indiciduos a través das novas tecnoloxías.

Agora ben, ese mal uso do avance tecnolóxico non só é exercido polos poderes políticos e económicos sobre os cidadáns, senón que tamén é o que lle dan as persoas que son escravas das novas tecnoloxías, como poñen de relevo os casos de <<tecnodependencia>> máis habituais: a teleadicción que sofren os que adquiriron o hábito de ver a televisión durante moitas horas ao día e non poder facelo lles xera ansiedade e malestar anímico; a dependencia do móbil, dos videoxogos, etc.

outros problema diferente é que o progreso experimentado pola nosa socieade non se estendeu a toda a humanidade. Neste sentido, estableceuse unha gran diferenza ente os países avanzados e os países chamados <<subdesenvolvidos>>.


No hay comentarios:

Publicar un comentario