Entre os dereitos humanos máis
importantes atópanse a liberdade e a igualdade.
Durante moitos séculos, as inxustizas
eran tan atroces e tan frecuentes que eses dereitos nin sequera foron
un soño para a maioría.
A escravitude e a servidumbre son dous
exemplos de como a desigualdade fixo posible que unha minoría
privase de liberdade a maior parte da poboación en Europa.
Tamén o machismo predominou ao longo
de toda a historia e deu lugar ao dominio e a abusos dos homes sobre
as mulleres.
Agora ben, nos últimos anos
producíronse camios que permitiron que creamos que é posible un
mundo mellor, un mundo no que todos os seres humanos poidan ser
libres e no que desapareza o machismo.
A escravitude está prohibida na
maioría dos países e en moitos deles as mulleres poden acceder á
educación e ao mercado laboral, demostrando que os homes non son
máis capaces ca elas.
1.De escravos e servos.
1.1.Historia das desigualdades.
Sempre houbo uns que teñen máis e
outros que teñen menos, e non só riquezas, senón tamén dereitos.
É máis, algúns podrían abusar doutros sen teren que dar
explicacións nin responder ante ninguén.
Os antigos gregos tiñan escravos. En
opinión de Aristóteles, igual que a natureza nos fai <<homes>>
ou <<mulleres>>, tamén nos fai <<amos>> ou
<<escravos>>.
Desde ese punto de vista, a diferenza
entea mos e escravos sería algo natural: as persoas intelectualmente
superiores nacerían para mandar, mentres que aqueloutras que o máis
valioso que poden ofrecer é o seu traballo físico serían escravos
por natureza, e o mellor que podería pasarlles sería que atopasen
un bo amo que os dirixise.
1.2.Roma.
A prosperidade de Roma apoiábase en
boa medida no uso de escravos procedentes da expansión imperial. O
mesmo Xulio César vendeu un millón deles durante a guerra das
Galias.
Os escravos eran propiedade dos seus
amos ata límites que nos custa entender. Non tiñan dereito a un
xuízo, nin a posuír propiedades, nin sequera a casar. Os seus
matrimonios non se consideraban válidos e os seus fillos eran
propiedade dos amos. Algúns debían levar chapas colgando no pescozo
con inscricións que dicían cousas como <<detédeme se escapo
e devolvédeme ao meu dono>>.
Non obstante, entre os romanos existía
algunha posibilidade de adquirir a liberdade, cando os amos liberaban
os escravos, que se convertían en libertos.
1.3. A Idade Media.
Na Idade Media, a escravitude foi
substituída pola servidume. Os nombres posuían terras e, con ellas,
aqueles que as as traballaban.
Estes servos carecían dos dereitos que
tiñan os seus señores. Una das poucas diferenzas cos escravos era
que non podían ser vendidos, a nosn ser que fose como parte do
terreo no que vivían e traballaban.
1.4.O Antigo Réxime.
O sistema social dos estamentos,
característico do Antigo Réxime, perdurou en Europa ata finais do
s. XVIII. O rei, os nobres e o clero gozaban de privilexios que se
negaban ao pobo chan.
Este grupo social traballaba, pagaba os
impostos e estaba sometido aos caprichos e abusos dos monarcas e dos
nobres.
2.O machismo.
2.1.A muller na Antigüidade.
Na maior arte das culturas da
Antigüidade, as mulleres dedicábanse á maternidade, ás tarefas
domésticas e colaboraban na agricultura e na gandería.
Frecuentemente, non recibían ningún tipo de educación, polo que as
posibilidades de que fixesen achegas relevantes noutros ámbitos eran
mínimas.
Ademais, tamén é habitual que os
historiadores da época subestimasen a súa importancia e a súa
influencia real.
2.2.A muller en Europa ata o s.XVIII.
Boa parte da Idade Media limitou a
alfabetización e sobre todo ás mulleres.
Pero no s.XV, co humanismo e o
Renacemento comezou a reivindicación do papel da muller na sociedade
dos homes. Houbo pasos adiante e atrás na emancipación da muller: o
humanismo promoveu a súa instrucción e a escolarización das nenas,
mentres que a Reforma as confinu á casa e as súas tarefas.
A finais do s.XVII e no s. XVIII, o
papel das mulleres emprendeu, segundo a súa clase social, dúas
novas direccións na sociedade: a das traballadoras manufactureiras
(sobre todo téxtil) e a das damas dos salóns nobres.
Ao longo do s.XX e a comezos do XXI,
nos países occidentais as mulleres non só puideron acceder aos
estudos universitarios, senon que demostraron unhas capacidades
académicas tan elevadas como as dos seus compañeiros homes. Tendo
en conta o seu rendemento intelectual, as razóns que algúns
esgrimían, para impedir que ocupen postos de traballo especializados
e altos cargos nas institucións e nas empresas, carecen de sentido.
3.O feminismo.
3.1.Os cambios a partir da Ilustración.
O ambiente ilustrado do s.XVIII, que
fixo que frutificasen as ideas de igualdade e de liberdade, tamén
influiu na consideración social das mulleres.
Nese sentido, nos primeiros anos da
Revolución Francesa produciuse un importante incremento das
reivindicacións femininas, como o dereito ao traballo, o dereito á
educación, o dereito ao divorcio....
3.2.As mulleres obreiras.
Coa industrialización, moitas mulleres
convertéronse en traballadoras tan capaces e esforzadas coma os
homes. Non obstante, era frecuente que non se lles recoñecesen os
seus méritos tanto como a eles e que se lles pagase un soldo
inferior ou se lles esixise que traballasen máis horas.
Non obstante, a súa colaboración en
todas as circunstancias fixose tan destacada que resultou
imprescindible recoñecer progresivamente o seu valor e a súa
importancia. Isto resultou especialmente claro e relevante durante a
Segunda Guerra Mundial, cando moitos homes foron enviados á fronte.
Entón, as mulleres ocuparon os seus postos nas fábricas e
demostraron a súa capacidade de traballo para manter a produción.
Pouco a pouco, tamén se vai
recoñecendo como traballo o labor das mulleres que non se dedican a
exercer unha profesión ou que voluntariamente deciden non traballar
fóra porque se encargan de atender a casa e de coidar os fillos e os
enfermos.
- Investiga cando aboliuse a escravitude en España e a nivel mundial.
- Buscade un mito grego ou romano onde a protagonista sexa unha muller.