1. As teorías éticas.
1.1.Elementos comúns das teorías
éticas
As distintas teorías éticas forman
parte da filosofía moral ou ética, e a filosofía é a busca da
verdade. Pero a verdade non é patrimonio de ninguén e cada un úscaa
desde distintas perspectivas.
Na diversidade de teorías éticas
inflúen varios factores: diferenzas de enfoque ou de metodoloxía
utilizada, importancia que se lle dea a uns aspectos ou a outros...;
non obstante, entre todas ellas hai certa complementariedade.
Algúns destes aspectos que se poden
atopar nas diferentes éticas son:
a) As teorías éticas dannos razóns
de por que os seres humanos teñen que comportarse moralmente.
b) Todas ellas identifican obrar
correctamente coa vida boa (vida feliz, realización do ser humano,
vida plena...)
c)Dan resposta ao que moralmente se
entende polo bo, polo fin do ser humano. Tratan de determinar como se
produce o coñecemento moral.
d)Establecen unha relación dos medios
que hai qie utilizar en relación co fin.
e)As teorías éticas utilizan a
racionalidade como o seu criterio fundamental.
O estudo das distintas teorías éticas
seranos útil para entender mellor que é a ética e para ter en
conta aspectos ata agora descoñecidos ou insuficientemente
considerados na nosa vida moral cotiá.
1.3.Ética e relixión.
As teorías éticas diferéncianse
doutro tipo de de saberes prácticos como son as relixións. Aínda
que unhas e outras tratan de orientar a nosa existencia, fano de modo
diferente.
Os mandatos morais da maioría das
relixións deben ser cumpridos non porque sexan racionais, senón por
ser a vontade de Deus, aínda que tamén poden ser razoables.
De todos os xeitos, as relacións entre
ética e relixión son frecuentes e van en dobre dirección.
2.Éticas materiais e éticas formais.
2.1.Éticas materiais.
Aínda que existe unha gran diversidade
entre as diferentes escolas morais, algunhas teñen un maior parecido
entre si que nos permite agrupalas en modalidades diferentes e que
nos axudará a orientarnos e a reflexionar sobre ellas. Así, na
historia da ética adóitase distinguir entre dous grupos claramente
diferenciados: as éticas materiais e as éticas formais.
-Ética material é aquela que propón
un obxectivo concreto como fin da vida humana, xa sexa o pracer, a
felicidade, o útil...
<<Materiais>> aquí indica
que teñen unha materia, é dicir, que establecen que un
comportamento é correcto se se consegue algo concreto que
experimentamos como bo ou desexable.
-Éticas formais. Independientemente de
que as persoas persigan un fin ou outro, de que desexen unha ou outra
cousa, para estas éticas os nosos actos poden ser considerados
morais ou non só se teñen unha <<forma>> determinada,
se se realizan co característico que os fai <<formalmente>>
morais.
As éticas formais, a diferenza das
materiais, non nos propoñen ningún fin ou contido concreto que
deberiamos conseguir na nosa vida. Están baleiras de contido. Só
nos indicarán o que fai moral ou inmoral a nosa acción.
-A que tipo de ética cres que
corresponde un mandato deste tipo: <<Debes cumprir co teu
deber>>? Razoa a túa resposta.