Argumentos contra a intolerancia
1.A intolerancia.
Ao longo da historia é frecuente que
os sers humanos resolvan os seus conflitos mediante a forza. As
ameazas, as agresións e mesmo as guerras son acontecementos moi
habituais.
Máis alá da agresividade propia de
moitas especies animais, os seres humanos podemos relacionarnos entre
nós de maneira moi diversas: desde o amor e o respecto ata o odio
brutal.
Hai persoas que, por uns ou outros
motivos, non soportan e rexeitan outras ou certas actitudes, que non
son capaces de entender nin de aguantar que outros pensen ou actúen
dun xeito co que non están de acordo. Nisto consiste a intolerancia.
2 A intolerancia relixiosa.
É un dos exemplos máis comúns e está
asociado a prexuízos terribles.
3.O racismo
Outro dos factores que máis destacou
como escusa para as condutas discriminatorias e intolerantes é o
racismo. As guerras e as persecucións entre pobos abundan na
historia humana.
Exemplos: Holocausto e o apartheid. No
primeiro, os nazis propuxéronse exterminar os xudeus europeos. No
segundo os brancos surafricanos marxinaron de xeito cruel todos
aqueles que pertencesen a outra raza, distinguindo mesmo categorías
na discriminación: ou mulatos (<<de cor>>) podían ter
algúns dereitos máis que os negros.
Na historia española tamén hai
exemplos, como os que tiveron lugar durante a conquista de América,
aínda que é xusto lembrar que foi en España onde se alzaron as
voces máis rigorosas e autorizadas argumentando en contra dese
racismo, como son os casos de Francisco de Vitoria ou Bartolomé de
las Casas.
4.A tolerancia na Ilustración.
A necesidade de argumentar sobre as
nosas posicións e opcións morais e ideolóxicas non só é unha
cuestión entre individuos que discuten ou dialogan, senón que ten
tamén un carácter político e histórico
Os autores ilustrados defenderon o
valor do debate racional como medio para superar os prexuizos e a
intolerancia. Neste sentido, podemos destacar o papel do filósofo
francés Voltaire, quen defendeu ardentemente as vantaxes da
tolerancia, en particular en materia de relixión.
A época da Ilustración supuxo un
cambio a favor da tolerancia política e relixiosa, ao tempo que
significou unha crítica implacable dos medios inhumanos para impoñer
a verdade.
Os ilustrados defenderon que toda
conciencia é libre para pensar e crer, polo que a única forma de
respectar esa liberdade é asumindo as liberdades de expresión e de
crenzas.
- Define tolerancia e explica por que é importante, tanto na vida persoal como na vida pública.
- Buscade nos medios de comunicación impresa ou dixital unha información sobre casos recentes de intolerancia relixiosa ou de racismo
No hay comentarios:
Publicar un comentario