Un cidadán educado
1.Vivir nunha sociedade plural.
A diferenza do que acontece nas
sociedades pechadas e autoritarias, nas nosas socieades democráticas
(abertas ao coñecemento ou ás influencias doutras culturas e
civilizacións polo influxo das correntes migratorias, os medios de
comunicación e as redes sociais) vivimos rodeados de persoas con
distintos valores e concepcións morais, diferentes modos de vida e
crenzas relixiosas ou filosóficas diversas. A nosa sociedade é unha
sociedade pluralista.
O pluralismo formula dificultades e, ás
veces, é fonte de prexuízos e provoca discriminacións, pero é
tamén enriquecedor. No seu aspecto político, a posibilidade de que
existan diferentes ideoloxías e partidos é un dos dereitos humanos
fundamentais.
Non podemos esquecer que unha sociedad
completamente homoxénea é inviable, prexudicial para a propia
dinámica da sociedade e, ademais, un ideal antidemocrático que
quedou derrotado co nacionalsocialismo (Hitler e nazismo) na Segunda
Guerra Mundial.
2.Pluralismo e valores éticos.
Nas nosas sociedades pluralistas non
sería posible a convivencia se non compartísemos algúns valores
entre todos os cidadáns.
Imaxinade un país no que existe unha
influente comunidade de persoas vexetarianas convencidas; é dicir,
que consideran o consumo de carne algo reprobable moralmente por
basearse no sacrificio de animais e, polo tanto, pensasen que todos
os demais deberían compartir ese valor. Agora ben, outra parte da
sociedade con menos poder non comparte esa formulación e reclama o
seu dereito a consumir carne. Se non houbese outros valores que ambos
os dous grupos compartisen, sería posible que convivisen na mesma
sociedade?
As diferenzas de valores e de modos de
vida son unha riqueza das democracias e favorecen o seu dinamismo,
pero por si soas provocarían conflitos continuamente; por iso son
necesarios valores comúns compartidos que fagan de vínculo real,
afectivo e emociaonal entre os cidadáns e faciliten as relacións
mutuas reciprocamente beneficiosas entre as diferentes comunidades
dunha sociedade. Eses valores comúns compartidos son os valores
cívicos.
3.Convivencia cidadá
Significa isto que non podemos ter uns
valores que non sexan comúns a todos os membros da sociedade? Non
existe o dereito a ser diferentes? Precisamente un dos problemas que
teñen que resolver as sociedades democráticas é a integración das
comunidades que teñen valores distintos ou non compartidos pola
maioría.
Algúns filósofos, sociólogos ou
expertos en relacións sociais propoñen un criterio que guíe a
relación entre os diferentes valores que conviven nunha sociedade
pluralista: os valores compartidos mínimos deben coexistir cos
valores diferenciais máximos.
Segundo ese criterio, os valores nos
que se basea a nosa convivencia, os valores cívicos, son o mínimo
esixible a calquera grupo ou individuo por ser cidadáns dunha
sociedade democrática, como, por exemplo, a tolerancia, mentres que
os valores que nos distinguen dos demais non se lle poden esixir ao
resto de cidadáns, aínda que se poden propoñer para unha
aceptación libre; por exemplo, cada cal pode ter as crenzas
relixiosas que queira sempre que sexan compatibles cos dereitos
humanos
Non obstante, para conseguir unha
relación intercultural entre grupos con diferentes valores e non
quedar nunha simple coexistencia pacífica entre guetos requírese
vontade política de achegamento e fortaleza moral para coñecer os
diferentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario