miércoles, 27 de mayo de 2020

Programación do curso (non son exercicios)




3.Problemas ambientais.

3.Problemas ambientais.
Como o resto dos seres vivos, os seres humanos forman parte da natureza e están sometidos ás súas leis, pero a diferenza do resto de seres vivos, o ser humano mantén unha relación especial coa natureza, de dominio e de obediencia ao mesmo tempo.

É certo que o noso corpo non está preparado naturalmente para correr a cen quilómetros por hora nin temos ás para voar, e tampouco sabemos provocar a chuvia cando necesitamos aiga; non obstante, inventamos avións para poder voar, coches cos que viaxar velozmente e construímos encoros para dispoñer de reservas de auga e para xerar electricidade. É dicir, aquili que nos falta por natureza suplímolo por medio do noso progreso tecnolóxico.



O devandito progreso dundaméntase na modificación das condicións do medio natural. Pero esa modificación, en ocasións, leva consigo riscos para o ambiente e para a vida do ser humano. Entre eses riscos, podemos citar os seguintes.

3.1.O cambio climático.
A Terra estivo sempre en permanente cambio climático: glaciacións e cataclismos son fenómenos naturais que o demostran. Pero na actualidadde, a actividade industrial do ser humano parece que está a acelerar ese cambio natural, ademais de contaminando o aire, a auga e o solo.

Grandes cantidades de gases contaminantes lánzanse á atmosfera e algúns deles poden provocar a diminución da capa de ozono, a cal nos protexe da radiación solar e mantén estable a temperatura na Terra dentro das marxes necesarias para a vida.

Cando a temperatura terrestre aumenta, a auga almacenada nos polos en forma de xeo fúndese e sobe o nivel do mar, co que desaparecen costas e ecosistemas, e diminúen as reservas de auga potable; ademais, determinadas zonas do planeta acaban converténdose en deseros.
Este é o resultado do <<efecto invernadoiro>>, unha modificación acelerada pola contaminación.



3.2.Destrución da biodiversidade.
Se as condicións da Terra cambian, a vida que hai nela tamén se ve afectada. A mala xestión da actividade industrial e económica do ser humano está alterando o equilibrio natural en moitas zonas do noso planeta coa perda dos bosques e a contaminación das augas e dos solos, moitas especies desaparecen e outras ven perigar a súa fonte de alimentación, polo que tamén acabarán extinguíndose.


3.3.Esgotamento dos recursos naturais.
Os sitemas de calefacción alimentados por gas e por petróleo protéxennos do frío e eses mesmos combustibles fósiles propulsan os nosos medios de transporte, pero estamos consumindo a gran velocidade os devanditos recursos naturais e dentro de poucas décadas esgotaranse as súas reservas. Ademais, eses comustibles emiten moitos gases contaminantes á atmosfera.

Construímos centrais nucleares para xerar electricidae de fontes máis abundantes, pero os seus residuos son radioactivos e, polo tanto, perigosos.


4.A ética ecolóxica.
4.1.Necesidade dunha ética ecolóxica.
Ante a magnitude e a gravidadde dos problemas derivados do progreso incontrolado, á humanidade úrxelle tomar medidas para atallalos, reducindo así o risco de que se produza unha grave crise ecolóxica.

Para acometer a devandita tarefa, non abondan só medidas económicas e políticas eficaces, senón que tamén é necesario poñer en marcha unha conciencia ecolóxica á que se sumen cidadáns, institucións, gobernos e empresas, que debe consistir en valorar positivamente o respecto ao ambiente e vincular a idea de progreso ao benestar da humanidade presente e futura.

A formación desa conciencia ecolóxica corre a cargo dunha parte especializada da ética, de recente aparición, chamada <<ética ecolóxica>>, cuxa finalidade consiste na elaboración dunha serie de principios que regulen a convivencia do ser humano co seu contorno ecolóxico; é dicir, conseguir a harmonía entre o progreso social e tecnolóxico do ser humano e a natureza.


4.3.O desenvolvemento sostible.
O desenvolvemento sostible é un modelo de crecemento económico e social que trata de equilibrar o consumo dos recursos naturais e o nivel de contaminación ambiental para garantir o benestar da poboación.

Este modelo de crecemento impulsa o uso de tecnoloxías que se abastezan de enerxías limpas, a creación de empresas que utilicen ecoloxicamente os recursos naturais na súa produción e, en xeral, o respecto ao ambiente racionalizando o uso dos recursos enerxéticos.


-Como resolverías a contaminación?

miércoles, 20 de mayo de 2020

Ciencia, técnica e sociedade.

O ser humano defínese como ser racional e técnico. Mediante a técnica, adapta o medio ás súas propias necesidades.
O progreso fundaméntase no dominio técnico da natureza. Aínda que o seu obxectivo é aumentar o benestar das persoas, aínda non alcanzu a toda a humanidade: existen países avanzados e os chamados <<subdesenvolvidos>>.
O avance industrial e tecnolóxico xerou problemas ambientais, como a destrución da biodiversidade, o esgotamento dos recursos naturais e a súa influencia no cambio climático.

1.Facer e saber.
Observa as condutas dalgúns animais como, por exemplo, os paxaros ou os lobos. Deseguida te decatarás de que os paxaros son capaces de construír habilmente os seus niños. Os lobos, pola súa banda, demostran unha excelente técnica de caza en grupo.

Os animais saben o que teñen que facer para vivir adaptándose ao medio. Para logralo, dispoñen de xeito innato dunha habilidade moi eficaz que se pode denominar <<técnica>>

O ser humano, en tanto que animal, tamén ten esa capacidade, pero non lle vén dada de xeito innato, senón que debe aprendela da sociedade e das súas propias experiencias.

Mentres que o animal se adapta ás condicións que lle impón o medio, o ser humano, pola contra, adapta o medio ás súas propias necesidades. Isto débese, en primeiro lugar, a que o noso corpo non está deseñado de xeito natural para unha rarefa específica e, ademais, a que as nosas accións técnicas se desenvolven nun medio social, non estritamente natural. De aí que o progreso da técnica humana dependa da aprendizaxe social, do que uns lles ensinan a outros.

Como proba de que a técnica humana está baseada no coñecemento cooperativo, pódese sinalar, por exemplo, que ningún individuo dispón do coñecemento nin da habilidade suficiente para fabricar un coche.

As accións técnicas humanas non só serven para resolver problemas derivados de necesidade naturais, como, por exemplo, cazar para conseguir alimento, senón que tamén están encamiñadas a satisfacer necesidade artificiais. Por exemplo, inventamos e perfeccionamos continuamente o televisor, que non é necesario para vivir.

É dicir, se a técnica animal resolve necesidades primarias, a técnica humana satisfai problemas superfluos. O filósofo José Ortega y Gasset dicía que a técnica (humana) é a produción do superfluo.

A técnia humana xorde da capacidade racional do ser humano. Este é homo faber (o ser humano que fabrica, ser humano técnico) porque é homo sapiens (o ser humano que sabe ou pensa).


2.Natureza e progreso.
2.1.O dominio da natureza.
Antigamente os indios facían as súas cabanas con peles de animais, doadamente desmontables e transportables: en cambio, as casas do <<home branco>> eran de madeira e estaban destinadas a un lugar fixo. Uns e outros desprazábanse en cabalos.

O indio vivía adaptado á natureza, levaba un réxime de vida nómade e só cazaba o que necesitaba para comer, en cambio, o <<home branco>>, chegado de Europa, era sedentario, criaba gando, levantaba poboados na metade da pradería aos que facía chegar o ferrocarril e tendía cables telegráficos entre cidades para comunicarse a distancia.

Na actualidade, as nosas casas substituíron a madeira por outros materiais.

Estes cambios evidencian a existencia dun progreso social impulsado polo desenvolvemento tecnocientífico, capaz de transformar a forma de vida e o modo de produción da sociedade. Tamén mostran que ese progreso se fai posible mediante o domiio da natureza, aínda que esa conquista da natureza ten o seu custo.


2.2.O progreso.
Progreso significa avance, desenvolvemento e crecemento en sentido positivo. Relacionado co campo da actividade técnica, o progreso refírese aos avances logrados na sociedade pola acción das tecnoloxías e da ciencia. O obxectivo deste progreso é aumentar o benestar das persoas.

Pero, en ocasións, este ideario é traizoado por poderes políticos e económicos que utilizan o progreso para controlar os indiciduos a través das novas tecnoloxías.

Agora ben, ese mal uso do avance tecnolóxico non só é exercido polos poderes políticos e económicos sobre os cidadáns, senón que tamén é o que lle dan as persoas que son escravas das novas tecnoloxías, como poñen de relevo os casos de <<tecnodependencia>> máis habituais: a teleadicción que sofren os que adquiriron o hábito de ver a televisión durante moitas horas ao día e non poder facelo lles xera ansiedade e malestar anímico; a dependencia do móbil, dos videoxogos, etc.

outros problema diferente é que o progreso experimentado pola nosa socieade non se estendeu a toda a humanidade. Neste sentido, estableceuse unha gran diferenza ente os países avanzados e os países chamados <<subdesenvolvidos>>.


miércoles, 13 de mayo de 2020

Cara á liberdade e a igualdade.


Entre os dereitos humanos máis importantes atópanse a liberdade e a igualdade.

Durante moitos séculos, as inxustizas eran tan atroces e tan frecuentes que eses dereitos nin sequera foron un soño para a maioría.

A escravitude e a servidumbre son dous exemplos de como a desigualdade fixo posible que unha minoría privase de liberdade a maior parte da poboación en Europa.

Tamén o machismo predominou ao longo de toda a historia e deu lugar ao dominio e a abusos dos homes sobre as mulleres.

Agora ben, nos últimos anos producíronse camios que permitiron que creamos que é posible un mundo mellor, un mundo no que todos os seres humanos poidan ser libres e no que desapareza o machismo.

A escravitude está prohibida na maioría dos países e en moitos deles as mulleres poden acceder á educación e ao mercado laboral, demostrando que os homes non son máis capaces ca elas.


1.De escravos e servos.
1.1.Historia das desigualdades.
Sempre houbo uns que teñen máis e outros que teñen menos, e non só riquezas, senón tamén dereitos. É máis, algúns podrían abusar doutros sen teren que dar explicacións nin responder ante ninguén.

Os antigos gregos tiñan escravos. En opinión de Aristóteles, igual que a natureza nos fai <<homes>> ou <<mulleres>>, tamén nos fai <<amos>> ou <<escravos>>.

Desde ese punto de vista, a diferenza entea mos e escravos sería algo natural: as persoas intelectualmente superiores nacerían para mandar, mentres que aqueloutras que o máis valioso que poden ofrecer é o seu traballo físico serían escravos por natureza, e o mellor que podería pasarlles sería que atopasen un bo amo que os dirixise.

1.2.Roma.
A prosperidade de Roma apoiábase en boa medida no uso de escravos procedentes da expansión imperial. O mesmo Xulio César vendeu un millón deles durante a guerra das Galias.

Os escravos eran propiedade dos seus amos ata límites que nos custa entender. Non tiñan dereito a un xuízo, nin a posuír propiedades, nin sequera a casar. Os seus matrimonios non se consideraban válidos e os seus fillos eran propiedade dos amos. Algúns debían levar chapas colgando no pescozo con inscricións que dicían cousas como <<detédeme se escapo e devolvédeme ao meu dono>>.

Non obstante, entre os romanos existía algunha posibilidade de adquirir a liberdade, cando os amos liberaban os escravos, que se convertían en libertos.

1.3. A Idade Media.
Na Idade Media, a escravitude foi substituída pola servidume. Os nombres posuían terras e, con ellas, aqueles que as as traballaban.

Estes servos carecían dos dereitos que tiñan os seus señores. Una das poucas diferenzas cos escravos era que non podían ser vendidos, a nosn ser que fose como parte do terreo no que vivían e traballaban.

1.4.O Antigo Réxime.
O sistema social dos estamentos, característico do Antigo Réxime, perdurou en Europa ata finais do s. XVIII. O rei, os nobres e o clero gozaban de privilexios que se negaban ao pobo chan.

Este grupo social traballaba, pagaba os impostos e estaba sometido aos caprichos e abusos dos monarcas e dos nobres.

2.O machismo.
2.1.A muller na Antigüidade.
Na maior arte das culturas da Antigüidade, as mulleres dedicábanse á maternidade, ás tarefas domésticas e colaboraban na agricultura e na gandería. Frecuentemente, non recibían ningún tipo de educación, polo que as posibilidades de que fixesen achegas relevantes noutros ámbitos eran mínimas.

Ademais, tamén é habitual que os historiadores da época subestimasen a súa importancia e a súa influencia real.


2.2.A muller en Europa ata o s.XVIII.
Boa parte da Idade Media limitou a alfabetización e sobre todo ás mulleres.

Pero no s.XV, co humanismo e o Renacemento comezou a reivindicación do papel da muller na sociedade dos homes. Houbo pasos adiante e atrás na emancipación da muller: o humanismo promoveu a súa instrucción e a escolarización das nenas, mentres que a Reforma as confinu á casa e as súas tarefas.

A finais do s.XVII e no s. XVIII, o papel das mulleres emprendeu, segundo a súa clase social, dúas novas direccións na sociedade: a das traballadoras manufactureiras (sobre todo téxtil) e a das damas dos salóns nobres.

Ao longo do s.XX e a comezos do XXI, nos países occidentais as mulleres non só puideron acceder aos estudos universitarios, senon que demostraron unhas capacidades académicas tan elevadas como as dos seus compañeiros homes. Tendo en conta o seu rendemento intelectual, as razóns que algúns esgrimían, para impedir que ocupen postos de traballo especializados e altos cargos nas institucións e nas empresas, carecen de sentido.

3.O feminismo.
3.1.Os cambios a partir da Ilustración.
O ambiente ilustrado do s.XVIII, que fixo que frutificasen as ideas de igualdade e de liberdade, tamén influiu na consideración social das mulleres.

Nese sentido, nos primeiros anos da Revolución Francesa produciuse un importante incremento das reivindicacións femininas, como o dereito ao traballo, o dereito á educación, o dereito ao divorcio....

3.2.As mulleres obreiras.
Coa industrialización, moitas mulleres convertéronse en traballadoras tan capaces e esforzadas coma os homes. Non obstante, era frecuente que non se lles recoñecesen os seus méritos tanto como a eles e que se lles pagase un soldo inferior ou se lles esixise que traballasen máis horas.

Non obstante, a súa colaboración en todas as circunstancias fixose tan destacada que resultou imprescindible recoñecer progresivamente o seu valor e a súa importancia. Isto resultou especialmente claro e relevante durante a Segunda Guerra Mundial, cando moitos homes foron enviados á fronte. Entón, as mulleres ocuparon os seus postos nas fábricas e demostraron a súa capacidade de traballo para manter a produción.

Pouco a pouco, tamén se vai recoñecendo como traballo o labor das mulleres que non se dedican a exercer unha profesión ou que voluntariamente deciden non traballar fóra porque se encargan de atender a casa e de coidar os fillos e os enfermos.



- Investiga cando aboliuse a escravitude en España e a nivel mundial.

- Buscade un mito grego ou romano onde a protagonista sexa unha muller.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Que é a xustiza?

Que é a xustiza?

Os seres humanos temos certo sentido da xustiza. Hai determinadas condutas que, cando as observamos, nos parecen inxustas.


1. É inxusto!!
1.1. Esa estraña calidade.
Como sabemos que algo é xusto ou inxusto? Non son os os ollos nin o tacto os que nolo indican. É máis, hai accións que nun lugar do mundo parecen correctas mentres que noutros son consideradas barbaridades.



1.2. Variedade cultural.
Efectivamente, existen diferenzas na consideración social acerca do que é xusto ou non. Cada cultura asume como normais uns comportamentos e considera que outros non oson.
A educación que recibimos na casa e nos centros escolares tamén inclúe ideas acerca de que é o correcto e como debemos tratar as persoas. Pero que algo me pareza ben a min ou a unha socidade enteira non significa que sexa xusto.


1.3. O nihilismo
Nietzsche afirmou que vivimos nunha época nihilista, na que os valores perderon a súa capacidade de orientar o noso comportamento, son nada. Iso implicaría que nada está ben nin mal, que dá o mesmo pegar que abrazar, roubar que axudar ou amar que odiar. E algo así é o que parece acontecer no mundo animal.
Nesa situación de nihilismo absoluto, non habería diferenza moral nin de xustiza entre combater a pobreza e tratar mal os máis débiles.


1.4. O relativismo
moito antes que Nietzsche, na Grecia clásica, os sofistas consideraron que os valores existían, pero opinaban que a súa validez dependía exclusivamente de consideracións sociais, de tal xeito que cada grupo e cada cultura establecía o que era o correcto e o que ía contra as normas aceptadas.

Desde este punto de vista, nun lugar pode estar ben que os nenos non teñen dereito a estudiar e se vexan obrigados a traballar en condicións de escravitude, mentres que noutro sitio pode ser considerado abusivo e ilegal.


-Lembras cando foi a última vez que dixeches de algo que é inxusto?

- Algunha vez estiveches en desacordo con outras persoas sobre se una acción é xusta ou inxusta? Por que cres que acontece? Paréceche que é posible chegar a poñerse de acordó?